O polbo que cociñamos é moi natural e ten moitas vitaminas

O polbo que cociñamos é moi natural e ten moitas vitaminas

O polbo que cociñamos é moi natural e ten moitas vitaminas

Lourdes Somoza Propietaria do Casal do Umia

Na parroquia cambadesa de Oubiña atópase o Casal do Umia. Unha taparía, cafetería e bar moi acolledor no que a súa propietaria, Lourdes Somoza, está encantada de traballar. «Miña nai di que nacín para este traballo», explica. Encántalle o trato co cliente e iso nótase porque son moitos os que van comer e despois non atopan a hora de marchar.

-¿Sempre quixo dedicarse á hostalería?

-Miña nai ten unha casa de turismo rural e a min sempre me gustou a cociña. Incluso quitei o título para ir nos barcos de cociñeira. De pequena arrimábame a miña avoa, para aprender. No Nadal fai un ano que abrimos.

-¿Cal é a súa especialidade?

– Pulpo en su jugo . Sabe riquísimo e, non me gusta dar a receita, pero vai preparado no jugo que vai soltando. Facíao miña avoa. O polbo que cociñamos é moi natural e ten moitas vitaminas.

-¿Nótase moito a crise?

-Nós vamos tirando. Vexo que ven a mesma xente que veu dende o principio. No verán temos terraza e moita xente séntase a comer e despois non quere levantarse. Tamén temos uns clientes que veñen tomar o viño e que, se ven que a xente está animada, sacan o acordeón.

-¿De onde saen os nomes das mesas?

-Son os afluentes do Umia. Como temos o río moi preto, pensamos que eran os mellores nomes: Gallo, Saiar, Follente…

Fuente original La Voz de Galicia.es

COMENTARIOS (2)

Uno de los platos más deliciosos que he degustado.

Tengo ido a muchos sitios a dormir,cenar o comer y la verdad es que en muy pocos se recibe el trato que nos dieron Lourdes y Emilio;sois encantadores y seguro que volveremos por ahí mas de una vez, y además por si fuera poco la comida es deliciosa por su preparación y frescura.
ENHORABUENA y seguir así que de seguro tendreis mucha suerte.
Un saludo cariñoso.
Maricarmen Castro

Los comentarios están cerrados.

COMENTARIOS (2)